miércoles, 18 de diciembre de 2013

Logotipo para un cliente: BEAUTIFUL

Neste exercicio proposto, tiña que buscar un logotipo para unha empresa de cosméticos e perfumaría, cuxos valores foran elegancia, sencillez e  productos naturais. Para isto pensei en un logotipo sen oitos adornos, e con letras simples. 

A primeira proba foi esta, as letras simples, un filete debaixo e unha flor enriba, pero non me chegou a convencer, xa que a flor non lle quedaba moi elegante, parecíame máis ben un logotipo de un cosmético de un todo a cen:


Logo probei con este, moi diferente ó anterior. En vez de poñerlle a flor enriba púxenle unha folla, tentando expresan con ela o valor de que se usan productos naturais. Cambieille tamén a cor de fondo, e púxenlle rosa para expresar feminidade, pero segíu sen expresarme a elegancia que debía de ter dita marca:


O seguinte foi poñerlle un degradado de rosas, para que non se fixera tan soso coma o outro, pero pese a isto, a elegancia seguía sen estar presente no logotipo:


No afán de darlle elegancia ó logotipo, xa que era algo que me parecía que era importante reflexar, púxenlle unha cor negra de fondo, cor indudablemente elegante,  coas letras brancas, e quiteille a folla e púxenlle outro filete na parte superior.:


Como quería representar tamén o uso de productos naturais, e no logotipo anterior, isto non estaba presente, volvín a engadirlle o elemento da folla. Este logotipo tiña todos os valores da empresa cliente:


Finalmente, cambieille a tipografía, por unha tipografía chamada CordiaUPC, que lle daba un aspecto máis simple, sen quitarlle elegancia, e facer máis fino o filete inferior, para que concordara coa anchura da tipografía. Tamén cambiei a ubicación da folla, sen caer no ordinario e simple. 

Con todo isto, este é o logotipo final: 


Caligrama


martes, 17 de diciembre de 2013

Primeiro Logotipo.

   Temos aquí un logotipo dunha tenda adicada ó surf. O nome é "Reef Surf", por unha parte temos reef, que significa arrecife, e por outra surf, en relación con ese deporte. 
Buscaba un logotipo informal, co que se vira a clara relación do logotipo co tema do comercio. Por unha parte, o contorno do lopotipo en sí semella unha táboa de surf, e dentro dela, temos o elemento das ondas do mar, nas cales o azul se vai aclarando, para simular o momento no que as ondas rompen. 
    A cor de fondo da táboa, é un degradado de laranxas, chamado formalmente "sunset beach", e combina ben co azul, ademais de simular un atardecer na costa. 
   Como tipografía escollín unha tipografía sin serifa, de fantasía, que lle daba informalidade ó logotipo. 


Fotografías de tipografías

En primeiro lugar, atopámonos cunha tipografía "Comic Sans", a tipografía máis odiada polos deseñadores de tipografías. Está usada directamente no escaparate do comercio. É unha tipografía sen serifa, utilizada neste caso nunha tenda de zapatos para nenos, e tendo en conta que é unha tipografía redondeada, con claro aire infantil e desenfadado, cunha cor alegre, é unha boa utilización.



A continuación, a imaxe móstranos un kebab, un restaurante de comida turca. A tipografía usada nestre letreiro, é unha tipografía de fantasía, con serifa, con aires orientais. Neste caso a tipografía está concorde ó uso que se lle da, xa que recorda á cultura oriental, e as cores utilizadas son adecuadas.



Este é o letreiro dunha xoguetería, e usa unha tipografía sen serifa, de fantasía cas letras con certo desorde, que lle quita seriedade ó comercio, de forma correcta na parte de uso, xa que é unha tenda de xoguetes para nenos. As súa cor destaca sobre o fondo, o que fai que sexa máis lexible. Cabe destacar tamén a estrela usada para simular o punto da letra "i".




A seguinte tipografía, é usada para un bar e lexible. É unha tipografía con serifa, de fantasía e cun estilo que condorda co da ambientación do interior do bar.



A tipografía do nome do bar "La Regional", é unha tipografía con serifa e lexible. Ten un sombreado nas letras que da certo relieve. É unha tipografía ben usada xa que, é antiga, e concorda, coma no caso anterior, ca decoración e os motivos do interior.

  

A seguinte tipografía é unha tipografía de fantasía, lexible e sen serifa. Este tipo de letra concorda co nome, xa que a histeria é un estado de énfase ou descontrol, e a tipografía da esta sensación neste pub.




Dobre tipografía a que se usa no letreiro desde pub. Por unha parte, temos unha tipografía oriental, e por outra,  súa traducción, cunha tipografía helvética, sen serifa e lexible. O seu uso é adecuado, xa que encaixa co motivo do local, xa que Ghibli é unha empresa manga xaponesa, e os debuxos que aparecen na porta no sitio son algunhas obras da compañía.



Esta tipografía está usada nun bazar chino. Nada que ver ca do principio do kebab turco, coas letras orientais. Neste caso utilízanse letras sinxelas e simples, sen serifa, e lexible, maila que os colores que non suxiren para nada que sexa un bazar chino.




Nesta xoiaría utilízanse tres tipografías diferentes, o cal non queda para nada elegante, que é o que normalmente debería suxerir os comercios desde tipo. Por unha parte, arriba de todo temos un isologotipo, no que pon "Joyas", cunha tipografía con serifa, en relieve, bastante seria e elegante. E para miña opinión, é a tipografía que debería estar presente en todo o comercio, postos a elexir unha das tres. Por outro lado, e en vertical, temos a que pon "Lazuli", que é o nome do comercio. É unha tipografía en relieve, sen serifa e dun estilo informal e infantil, o cal non cadra co motivo do local. E por último temos a tipografía do toldo, unha Comic Sans en cor vermello, que é igual que a que acabamos de mencionar, é informal e infantil. Cab destacar que as letras son prateadas, algo que cadraría ca xoiaría, menos a do toldo, que a parte de ser vermella e bastante ilexible.