lunes, 17 de marzo de 2014

Análise dun spot publicitario





Neste spot, a empresa anunciante é o grupo Samsung, e o producto que nos amosan é un teléfono móbil, un Samsung Galaxy 580. Vai destinado ós adultos, xa que son quenes van a mercar o producto. A duración, é de 1:44, e a hora de emisión podería ser a calquera hora do dentro do horario infantil. Foi usado durante o ano 2010. O recurso usado é o humor, a través dos nenos. Aparece unha nena pequena bailando, e a continuación, xente máis maior imitándoa detrás, e cada vez únese máis xente.

O lema do anunció é "Usa tu influencia", e úsase este lema debido ás aplicación das que dispón o teléfono, xa que son para comunicarse, e, que unha cousa pase por moita mais xente, como pasa no anuncio. Úsase unha música infantil, que asociamos ca nena bailando, e o ritmo vai aumentando pouco a pouco, ó unirse máis xente.

O espazo no que sucede a acción, é un garaxe dunha casa, que despois se abre para que apareza todavía máis xente imitando á nena, como un simbolismo de que con ese móvil, podeste comunicar con moita xente, e chegar a moitas partes do mundo.