miércoles, 18 de diciembre de 2013

Logotipo para un cliente: BEAUTIFUL

Neste exercicio proposto, tiña que buscar un logotipo para unha empresa de cosméticos e perfumaría, cuxos valores foran elegancia, sencillez e  productos naturais. Para isto pensei en un logotipo sen oitos adornos, e con letras simples. 

A primeira proba foi esta, as letras simples, un filete debaixo e unha flor enriba, pero non me chegou a convencer, xa que a flor non lle quedaba moi elegante, parecíame máis ben un logotipo de un cosmético de un todo a cen:


Logo probei con este, moi diferente ó anterior. En vez de poñerlle a flor enriba púxenle unha folla, tentando expresan con ela o valor de que se usan productos naturais. Cambieille tamén a cor de fondo, e púxenlle rosa para expresar feminidade, pero segíu sen expresarme a elegancia que debía de ter dita marca:


O seguinte foi poñerlle un degradado de rosas, para que non se fixera tan soso coma o outro, pero pese a isto, a elegancia seguía sen estar presente no logotipo:


No afán de darlle elegancia ó logotipo, xa que era algo que me parecía que era importante reflexar, púxenlle unha cor negra de fondo, cor indudablemente elegante,  coas letras brancas, e quiteille a folla e púxenlle outro filete na parte superior.:


Como quería representar tamén o uso de productos naturais, e no logotipo anterior, isto non estaba presente, volvín a engadirlle o elemento da folla. Este logotipo tiña todos os valores da empresa cliente:


Finalmente, cambieille a tipografía, por unha tipografía chamada CordiaUPC, que lle daba un aspecto máis simple, sen quitarlle elegancia, e facer máis fino o filete inferior, para que concordara coa anchura da tipografía. Tamén cambiei a ubicación da folla, sen caer no ordinario e simple. 

Con todo isto, este é o logotipo final: 


No hay comentarios:

Publicar un comentario