Temos aquí un logotipo dunha tenda adicada ó surf. O nome é "Reef Surf", por unha parte temos reef, que significa arrecife, e por outra surf, en relación con ese deporte.
Buscaba un logotipo informal, co que se vira a clara relación do logotipo co tema do comercio. Por unha parte, o contorno do lopotipo en sí semella unha táboa de surf, e dentro dela, temos o elemento das ondas do mar, nas cales o azul se vai aclarando, para simular o momento no que as ondas rompen.
A cor de fondo da táboa, é un degradado de laranxas, chamado formalmente "sunset beach", e combina ben co azul, ademais de simular un atardecer na costa.
Como tipografía escollín unha tipografía sin serifa, de fantasía, que lle daba informalidade ó logotipo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario